Xornada Profesional

XORNADA PROFESIONAL

O Técnico Superior Sanitario do Século XXI
Con motivo do 30 aniversario da Asociación Galega, nunha contorna inigualable como o Hostal dos Reis Católicos, en pleno centro histórico de Santiago de Compostela presentamos esta Xornada Profesional organizada pola Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia (Atessga).

Dende Atessga queremos ofrecer un espazo de dialogo e debate sobre todo o ámbito formativo e profesional da nosa profesión. Un lugar onde poder coñecer de primeira man con relatores de primeiro nivel a situación formativa actual da nosa profesión en Europa comparándoa coa situación no noso país. Buscando posibles solucións.

Falaremos dos Técnicos Superiores en postos de xestión sanitaria, como está a situación no resto do estado e como está en Galicia. 

Os nosos responsables falan do papel dos Técnicos Superiores nos Servizos de Apoio ao Diagnóstico e Tratamento, poderás facer as túas preguntas en directo ou enviar a mesma mediante o formulario que atoparás mais adiante nesta páxina.

Colexios Profesionais, o futuro da representación dos Técnicos Superiores?, falaremos co Presidente do único Colexio Profesional de Técnicos Superiores Sanitarios que existe no estado, e teremos opinión de relatores moi cualificados sobre as ventaxas dos Colexios ante outro tipo de organizacións.

En definitiva, tentaremos tocar todos os temas de actualidade e interese no noso ámbito profesional e laboral, un espazo para falar, un espazo para opinar, un espazo onde estar informado.

Juan R. Pérez Gómez
   Presidente Atessga
DESCARGAR PROGRAMA

OS NOSOS PATROCINADORES

OS NOSOS PONENTES

D. José Joaquín Durán González
D. JOSÉ JOAQUÍN DURÁN GONZÁLEZ
PRESIDENTE DA SOCIEDADE ESPAÑOLA DE TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS (SETSS)
Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico 

Plataforma cromatográfica do Laboratorio Clínico do Hospital Universitario Vall d’Hebron de Barcelona
Dr. Graciano Paulo
DR. GRACIANO PAULO
PRESIDENTE DA COMISSÃO CIENTÍFICA DE IMAGEM MÉDICA E RADIOTERAPIA
Doutor em Ciências da Saúde, ramo Tecnologias da Saúde (U. de Coimbra)

Licenciado pela Escola Superior de Tecnologia da Saúde de Coimbra (ESTESC)

Professor Coordenador e Especialista en Radioloxía
D. Francisco Montero Gaspar
D. FRANCISCO MONTERO GASPAR
SECRETARIO XERAL DO SINDICATO ESTATAL DE TÉCNICOS SUPERIORES (SIETESS)
Técnico Superior en Imagen para o Diagnóstico e Medicina Nuclear

Servicio de Radiología do Hospital Universitario de Getafe, MADRID
Dr. Manuel González Moreira
DR. MANUEL GONZÁLEZ MOREIRA
MÉDICO DE ATENCIÓN PRIMARIA
Especialista en Medicina de Familia y Comunitaria

Delegado Sindical CIG-Saúde (Vigo)
Dra. Mª del Carmen Penín Corderi
DRA. Mª DEL CARMEN PENÍN CORDERI
XEFA DO SERVICIO DE ANATOMÍA PATOLÓXICA
Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Presidenta da Territorial Galega da SEAP 
Dr. Santiago Lojo Rocamonde
DR. SANTIAGO LOJO ROCAMONDE
XEFE DO SERVICIO DE ANÁLISES CLÍNICOS
Xerencia de Xestión Integrada de Santiago
Dra. Nieves Castaño Sánchez
DRA. NIEVES CASTAÑO SÁNCHEZ
COORDINADORA DO ARCHIVO DE HISTORIAS CLÍNICAS E SISTEMAS DE INFORMACIÓN CLÍNICA
Area Sanitaria IV
Hospital Monte Naranco (Asturias)

Médico de Admisión e Documentación Clínica

TSS en Documentación e Administración Sanitaria

Dr. Luis Pérez Romasanta
DR. LUIS PÉREZ ROMASANTA
XEFE DO SERVICIO DE ONCOLOXÍA RADIOTERÁPICA
Hospital Universitario de Salamanca
Ilmo. D. Juan Felipe Rodríguez Ballesta
ILMO. D. JUAN FELIPE RODRÍGUEZ BALLESTA
ILMO. PRESIDENTE DO COLEXIO PROFESIONAL DE TSS CCAA VALENCIA
Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico
Hospital Universitario de San Joan (Alicante)

Ilmo. Dr. José Luís Jiménez Martínez
ILMO. DR. JOSÉ LUÍS JIMÉNEZ MARTÍNEZ
ILMO. PRESIDENTE DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS MÉDICOS DE GALICIA
Ilmo. Presidente do Colexio Médico de Ourense
D. Juan Ramón Pérez Gómez
D. JUAN RAMÓN PÉREZ GÓMEZ
PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS DE GALICIA (ATESSGA)
Coordinador Técnico do Laboratorio de Urxencias

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico
D. José Manuel Valcárcel Riveiro
D. JOSÉ MANUEL VALCÁRCEL RIVEIRO
SECRETARIO DA ASOCIACIÓN DE TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS DE GALICIA (ATESSGA)
Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico

Medicina Legal (Pontevedra)

GUSTARÍACHE FACER UNHA PREGUNTA ÓS NOSOS PONENTES

Emprega este formulario para facernos chegar a túa pregunta...
 

XA PODES INSCRIBIRTE

O proceso de inscripción comeza en setembro e farémolo de este xeito:

Ata o 10 de octubro inscripción para socios con preferencia (despois desta data inscrición según disponibilidade de prazas)
Do día 1 de octubro o 15 de novembro inscripción para socios e non socios.

Prazas limitadas ó aforo da Sala.
Riguroso orde de inscrición.

A inscripción inclúe a asistencia ó evento, a documentación, a pausa café e o cóctel buffet.


Os importes da inscripción son os seguintes:

Socios 10€
Estudiantes   20€
No Socios  30€

Solicitada ACREDITACIÓN ao Sistema Acreditador de Formación Continuada do Sistema Sanitario de Galicia. En espera de resolución, emitirase Diploma de aproveitamento (10 horas), válido para todos os efectos como mérito.


Observacions:

Utilizamos a pasarela segura de pago do Banco Sabadell. 
Non almacenamos datos de ningunha tarxeta de crédito ou débito, únicamente gardamos os datos da inscripción ou compra do ticket.
INSCRICIÓN