FORMACIÓN

A formación continuada enténdese como o proceso de ensino-aprendizaxe activa e permanente ao que teñen dereito e obrigación todos os profesionais sanitarios, destinado a actualizar e mellorar os coñecementos, habilidades e actitudes dos profesionais sanitarios ante a continua evolución científica e tecnolóxica e ao aumento das demandas e necesidades, tanto sociais como do propio sistema sanitario. (Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias).

A formación dos profesionais identifícase como o factor fundamental na mellora da cualificación profesional, por este motivo recoñécese a importancia da formación continuada, orientada a mellorar a calidade do proceso asistencial e garantir a seguridade do usuario do sistema sanitario. (A Lei 16/2003, do 28 de Maio, de cohesión e calidade de sistema Nacional de Saúde).

A formación continuada acreditada pola CFC que che ofrecemos en Atessga, foi sometida á avaliación do devandito organismo, superando os seus criterios de calidade e sendo outorgada cun número de créditos determinados que podes consultar na información de cada curso. A acreditación ten validez nacional, segundo o Real Decreto 1142/2007, (regulador das acreditacións), a Lei 44/2003 (Ordenación das profesións Sanitarias) e a Lei 55/2003 (Estatuto Marco do persoal estatutario dos Servizos de Saúde). Á finalización do curso recibes o certificado que acredita que obtiveches os coñecementos correspondentes.

Resultado de imagen de acreditación cursos de formación continuada