A ORGANIZACIÓN

Quen somos?

O 30 de novembro do ano 1989, constitúese a Asociación Galega de Técnicos de Laboratorio (AGTL) cuxo ámbito profesional limítase a Técnicos Especialistas en Análisis Clínicos e Técnicos Especialistas en Anatomía Patolóxica.
Quen somos?
No ano 2019, por aprobación na Asamblea Xeral Extraordinaria do 10 de maio, consolídase o cambio que se estaba aplicando dende hai uns anos e modifícase a denominación da AGTL pola de Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia ( Atessga), ampliando o ámbito profesional estatutario a todas as especialidades de grao superior sanitario recollidas na Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias:
  • Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico.
  • Técnico Superior en Audioloxía Protésica.
  • Técnico Superior en Dietética.
  • Técnico Superior en Documentación e administración Sanitarias.
  • Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear.
  • Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico.
  • Técnico Superior en Ortoprótesis e Produtos de Apoio.
  • Técnico Superior en Saúde Ambiental.
  • Técnico Superior en Radioterapia e Dosimetría.
Atessga é unha asociación cuxo ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia e ten por finalidade a defensa dos intereses profesionais, formativos e científico-técnicos dos Técnicos Superiores Sanitarios.

Atessga é unha asociación profesional sen ánimo de lucro.

Obxetivos

  • A representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados.
  • Fomentar e defender os intereses dos TSS, tanto individual como colectivamente.
  • Equiparación e homologación da formación dos Técnicos Superiores aos nosos homólogos europeos (titulación de Grao).
  • Regularización da figura do coordinador técnico de Xestión.
  • Elevar o nivel científico-técnico e profesional mediante programas de formación.
  • Fomentar a difusión e intercambio de coñecemento mediante a realización de xornadas profesionais ou científicas.
  • Colaboración e Cooperación con Organizacións homólogas.
  • Creación do Colexio Profesional no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Qué ofrece Atessga?

Para a túa seguridade no traballo

  • Seguro de responsabilidade civil.
  • Protección xurídica.
  • Asesoramento xurídico laboral.

Para estar informado

  • Información Instantánea vía SMS e correo electrónico (bolsas de emprego, convocatorias de oposicións e concursos de traslado).
  • Boletíns informativos.

Para estar formado

  • Actividades formativas ( online, a distancia e presenciais).

Para crecer profesionalmente

  • Xornadas (científicas e profesionais).
  • Congresos nacionais

Xunta directiva

A Xunta Directiva rexe, administra e representa á asociación, executando e dando cumprimento aos acordos da Asemblea Xeral. Desenvolve as actuacións económicas, administrativas, xudiciais e todas aquelas que considere necesarias para a consecución dos fins e obxectivos da asociación, respondendo da súa xestión #ante a Asemblea Xeral.

A actual Xunta Directiva foi elixida por acordo da Asemblea Xeral de Socios do día 13 de novembro de 2018, e está composta por un equipo que mestura a experiencia coa mocidade, buscando unha renovación e actualización total da asociación, sendo unha garantía, tanto no desenvolvemento da nosa profesión, como na representación e o asesoramento eficaz para os Técnicos Superiores Sanitarios.
JUAN RAMÓN PÉREZ GÓMEZ
PRESIDENTE
TSS Diagnóstico Clínico e Biomédico
MARÍA LUISA LÓPEZ VEGA
VICEPRESIDENTA
TSS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
JOSÉ M. VALCÁRCEL RIVEIRO
SECRETARIO
TSS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
JOSÉ JÁCOME VARELA
TESOREIRO
TSS Diagnóstico Clínico e Biomédico
EVA SEQUEIROS TRONCOSO
VOCAL
TSS Radioterapia e Dosimetría
YOLANDA RICO RODRÍGUEZ
VOCAL
TSS Anatomía Patológica e Citodiagnóstico
RICARDO MORADO ÁLVAREZ
VOCAL
TSS en Dietética