OS TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS APOIAN O COMUNICADO DO CONSELLO XERAL DE COLEXIOS MÉDICOS DA COMUNIDADE GALEGA
Hoxe presentamos un escrito ao Conselleiro de Sanidade, ao Xerente do SERGAS e á Directora Xeral de RRHH onde manifestamos varias cousas importantes para o noso colectivo:

O manexo de mostras clínicas para a realización de técnicas diagnósticas, por Lei, debe facerse baixo o control dos profesionais habilitados para iso e nas instalación que reúnan as condicións para a idónea xestión desas mostras biolóxicas, que garantan a seguridade dos produtos sanitarios destinados a diagnóstico in vitro (Directiva 98/79/CE sobre produtos sanitarios para diagnóstico in vitro) e cumpran coa necesaria xestión dos residuos sanitarios que estas tarefas conlevan (Decreto 38/2015, do 26 de febreiro, se residuos sanitarios de Galicia).

O noso colectivo profesional, como o resto dos colectivos profesionais sanitarios, está involucrado na loita contra desta Pandemia desde o inicio, sendo os Técnicos Superiores de Laboratorio Clínico, un dos colectivos estratéxicos en favorecer a multiplicación da capacidade dos laboratorios en dar cumprimento á crecente demanda das PCR nas diferentes Áreas de Saúde, así como, probando e testando os test rápidos segundo ían chegando nas súas distintas variantes, do mesmo xeito que os Técnicos Superiores en Imaxe para o Diagnóstico realizando os estudos de imaxe necesarios, dos pacientes COVID ou con sospeita.

Non ten máis mérito que ser o noso traballo. Por iso rebelámonos a ser apartados del.

Accede á nota de prensa na seguinte ligazón ...

BENVIDOS A NOSA WEB

A nosa páxina é unha ferramenta para tódolos Técnicos Superiores, aquí encontraredes formación continuada de calidade, as últimas noticias de interese no noso ámbito profesional e o soporte para o apoio e asesoramento que necesitedes no voso ámbito laboral e profesional.
MÁIS SOBRE NÓS

XUNTOS TODO ENCAIXA!!!

A Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios de Galicia traballando por e para o Técnico Superior
CONTACTA CON NÓS
PROGRAMAS DE FORMACIÓN
Atessga no seu programa de formación, ofrece cursos e actividades orientados en fomentar a adquisición de coñecementos, habilidades e aptitudes capaces de garantir a tódolos técnicos superiores sanitarios as suas actividades de maneira autónoma e competente. Tódolos cursos e actividades están acreditados pola Comisión de Formación Continuada (CFC) do sistema nacional de saúde, e están orientados a que sirvan para o recoñecemento da carreira profesional, como méritos en oposiciones ebolsas de traballo, en calquera comunidade autónoma.
MÁIS INFORMACIÓN
Programas de formación